6 de xaneiro de 2014

Uvas, baile e chocolate para darlle a benvida ao 2014:::

Coma todos os anos, A Fervenza de Ouzande volveu convocar a veciñanza no local social para darlle a benvida ao anonovo. Preto da 1 e media da madrugada volvían soar as badaladas pregrabadas para comer as uvas e así botarlle un primeiro brinde polo ano recén estreado. A festa durou ata altas horas da madrugada, convertindo o baixo do local social nunha pista de baile. O remate habíao poñer o chocolate, a mellor maneira de marchar para a casa cun bo sabor de boca.