30 de decembro de 2011

OUZANDE recibe o anonovo cunha festa no local social:::

A Fervenza de Ouzande organiza un ano máis unha espectacular festa de fin de ano. Se cabe este ano será máis glamourosa debido a que a benvida de 2011 non se puido celebrar por estar o local social en obras.
A organizacion convida a un brinde polo ano novo con champaña e a comer as doce uvas ao son das doce badaladas, pero un pouquiño máis tarde das doce para así compatibilizar as ceas familiares con este encontro veciñal.
A música enlatada animará a festa ata altas horas para celebrar a benvida do 2012.

17 de decembro de 2011

Comeza a EXPOSICIÓN sobre os dez anos da Fervenza de Ouzande:::


Logo do éxito na súa estrea en OUZANDE, o DVD relativo aos dez anos da asociación cultural A Fervenza de Ouzande estréase esta tarde ás 8 no MOME da Estrada. Ademais estará aberta unha exposición sobre estes dez anos nese local. Esta mostra pódese visitar desde hoxe, sábado 17 ao vindeiro xoves 22 de decembro nos seguintes horarios: Mañás: De 11:00 a 13:30 e Tardes: De 17:30 a 20:30.

A mostra xa está aberta e alí pódense mercas os produtos da asociación, especialmente o DVD a un prezo de 5 euros.





13 de decembro de 2011

curso poda

5 de decembro de 2011

Resultados electorais OUZANDE 2011:::


Os resultados electorais na mesa de Ouzande no pasado 20 de novembro quedan como se detalla a continuación.
Para o SENADO PP-número 1, 2 e 3 156 votos
PSG.PSOE - número 1 45, número 2 50 e número 3 45
BNG, número 1; 29, núemro 2; 30 e número 3; 26
EU números 1 e 2; catro votos
EQUO 2 votos tamén para os tres representantes
C.XXI-un voto
Houbo sete papeletas nulas e seis en branco.

Para os DEPUTADOS
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO-32
UNIÓN PROGRESO E DEMOCRACIA-1
PARTIDO SOCIALISTA PSOE-46
PARTIDO POPULAR- 156
ESQUERDA UNIDA, OS VERDES- 5
EQUO- 1
Houbo 6 papeletas nulas e 5 en branco

Había 314 electores chamados ás urnas ouzandesas e acudiron 253, habendo unha participación do 80,57%.